Igloo suma o Maketón Estrella Galicia aos seus premios

Glassonion, Moon Cresta, a AGEM ou Miguel Costas tamén foron galardoados

27/12/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A sala Ensanche de Vigo acollía, na noite do pasado 23 de decembro, a entrega dos premios da música Maketón Estrella Galicia. Na gala, o grupo Igloo sumou un novo galardón ao seu palmarés ao ser considerado o mellor directo dun grupo local. Pola súa banda, Moon Cresta fíxose co premio ao mellor disco, Glassonion o da mellor maqueta e Miguel Costas o da mellor traxectoria musical de Vigo. A Asociación Galega de Empresas Musicais, foi recoñecida co Premio Especial 2010, mentres outra estatuíña ía para o produtor Fran Álvarez polo seu traballo nos estudios Metrópolis.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igloo, Estrella Galicia, Vigo, Asociación Galega de Empresas Musicais