Os 19 Premios Maketón de Vigo recoñecen os discos de Presumido e Fon Román

Os galardóns musicais vigueses reparten méritos na escena local en seis categorías

Os galardóns musicais vigueses reparten méritos na escena local en seis categorías
Pablo Álvarez (Mellor produtor de 2019), Carlos “Reserva” (en representación de FRYING LURAS), “Salva Ronko” como responsable de MAKETÓN MAELOC de LOS40 Vigo, Soledad Rebollo (directora mellor videoclip “Horizontal” de VILLANUEVA, FON ROMÁN e Roger Bouza (representando a PRESUMIDO) Foto: MAKETÓN MAELOC Los40 Vigo CC BY-NC-SA 3.0
A entrega dos Premios da Música MAKETÓN MAELOC de Los40 Vigo é por mérito propio de da súa longa traxectoria, un dos acontecementos musicais do ano na zona metropolitana da cidade olívica. Este pasado sábado a emblemática sala La Iguana Club acollía a 19ª edición destes premios e de novo deixaba ver unha parte do talento musical da súa contorna a través dos seis categorías de galardón que se entregaron.

O músico vigués agora afincado en México, Fon Román (ex-Los Piratas) , recibía o premio ao mellor disco local do ano polo seu traballo La chispa, la llama y el humo editado por Warner Chappel Music e Altafonte. O artista acudiu á recollida do galardón. Na similar, pero diferente, categoría de mellor disco autoeditado do 2019, o dúo Presumido resultou o merecedor do premio polo seu traballo Cuatro estaciones no que este outono reuniron os diferentes EPs que foron creando desde decembro pasado. Pablo Álvarez Fernández, técnico de son directo e de MIDI Música foi recoñecido co galardón como mellor produtor local polo seu traballo nas mesas para moitos dos grupos locais. O premio á traxectoria musical foi para a banda FRYING LURAS, que este ano cumpriron 20 anos de actividade musical ás costas e publicaron neste 2019 o seu primeiro disco. O vídeoclip Horizontal, dirixido por Soledad Rebollo (Lunavista) para Villanueva foi o elixido nesa categoría de vido musical local do ano. A propia Rebollo recollía o premio en La Iguana polo seu traballo rodado na Illa de Toralla e usando tecnoloxía de 360 graos. O grupo The Bo Derek´s recibía a primeira das estatuíñas da noite outorgadas como premio ao mellor directo e foron tamén eles os que pecharon a cerimonia xustamente poñendo a música sobre o escenario do club.