Maleficios

Mofa e befa escolman o “peor” da súa carreira nun espectáculo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Maleficios

Hai 19 anos que Mofa e Befa comezaron a súa carreira teatral ao berro de “queremos unha oportunidade”. Dúas décadas despois, seguen en plena efervescencia creativa fieis á fórmula do skecth que tantos adeptos lle ten valido. Agora, escolman o “peor” do seu traballo para poñer en marcha unha serie de catro funcións (eles rebautizáronnas como “galas maléficas”)que contarán coa presenza de convidados e no que o público pode participar na confección do programa. Ata hoxe pódese votar na páxina de Facebook da formación polo espectáculo que máis lle gustara e o gañador recibirá dúas entradas. As función do espectáculo O pior de Mofa e Befa terán lugar do 1 ao 4 de novembro no auditorio de Novacaixagalicia (Preguntoiro, Santiago de Compostela).

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Mofa e Befa, Facebook, Santiago de Compostela

Claves

Entidades