O FIOT recupera os clásicos para a súa nova edición

Celebra a 23ª edición do 3 de outubro ao 2 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O FIOT recupera os clásicos para a súa nova edición

Vinteoito espectáculos, dos cales 10 son estreas, canda teatro de rúa, monólogos e unha programación cultural anexa darán vida á 23ª edición do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo (FIOT). Artistas como Rafael álvarez "El Brujo" recreará "O asno de ouro", a novela do romano Apuleio. Sergi López, canda Jorge Picó, presentarán "30/40 Livingstone". Nas producións galegas, Mofa&Befa estrearán en Galicia "Bobas&Galegas (Mofa e Befa no Século de Ouro), a obra estreada no Corral de Comedias de Almagro e dirixida por Quico Cadaval. E moitas máis actividades encherán Carballo de Teatro entre o 3 de outubro e o 2 de novembro.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, FIOT, Ouro, Carballo...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares