TVG buscar participar en proxectos doutras televisións europeas

Fernando Ojea será o responsable de prensa da Conferencia Anual do Circom

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Era a primeira vez que a Televisión de Galicia foi convidada a participar no Consello Europeo da asociación de televisión públicas Circom Rexional. Asistiu a unha das dúas reunións anuais desta entidade co obxectivo de colaborar en proxectos con outras televisións públicas. A TVG propuxo un programa musical e varias televisión desenvolverán o proxecto que se aprobará ou rexeitará en maio, na seguinte xuntanza do Circom. Neste encontró decidiuse que Fernando R. Ojea, director de Comunicación da CRTVG, será o responsable de prensa da Conferencia Anual. O Consello Europeo do Circom abrangue a 29 países e nesta xuntanza estiveron presentes representantes de 18 deles.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Televisión de Galicia, CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)