Arrinca en Santiago a 31 conferencia das televisión públicas rexionais europeas

Baixo o tema “O camiño a seguir” debaterán os retos que lles toca acometer

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os recortes orzamentarios e a revolución dixital motivarán cambios para os operadores públicos de televisión europeos. Os responsables das cadeas, agrupados na CIRCOM están estes días en Santiago no marco da 31 conferencia anual. A cita arrinca hoxe cunha recepción no concello e seguirá mañá mércores coa gala de entrega dos premios anuais desde o Hostal dos Reis Católicos (retransmitida pola TVG máis por internet). As xornadas de debate terán lugar xoves e venres na Facultade de Ciencias da Comunicación e nelas falarase dos retos aos que se terán que afrontar os operadores públicos como os novos medios, a cooperación na produción televisiva, as novas tendencias de implementación técnica nos proceso de emisión e a formación dos xornalistas.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reis Católicos, Internet, Reis, Hostal dos Reis Católicos...