Representantes da TVG explican os retos de xestión nun cumio de televisión públicas rexionais

Contidos de proximidade e o galego permiten que a galega teña audiencias superiores ao 13 por cento

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O panorama da televisión pública de pequenos territorios está a mudar. A reducción orzamentaria, o cambio tecnolóxico, as novas estratexias empresariais (fusións, reaxustes..) e os debates sobre o modelo de financiamento son algúnhas das cuestións que se analizaron no marco da Conferencia Anual de Circom. Unha entidade que agrupa a unhas cincuenta televisións con estrutura rexional de 32 países europeos. A esta cita asistiu o xefe de comunicación da CRTVG, Fernando R. Ojea, e explicou que a aposta polos contidos de proximidad e o uso da lingua galega permítelle á cadea galega manter uns niveis de audiencia superiores ao trece por cento. O encontro, que se celebra en Romanía, mantense co lema “Doing better, spending less” (facelo mellor gastando menos).

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)