Hai xa once anos que a UNESCO lle outorgaba á muralla romana de Lugo o tÃtulo de Patrimonio da Humanidade. Para conmemorar o aniversario, a Deputación e mais o Concello coordinan para os vindeiros 28, 29 e 30 deste mes o programa Acórdate da muralla. Charlas sobre a importancia deste monumento, unha mesa redonda sobre protección patrimonial, unha xornada de portas abertas nos museos da cidade e mais a celebración dun encontro de cidades amuralladas son algúns dos eventos previstos no programa.
No entanto, a proposta máis rechamante é a celebración dun acto popular no que se rodeará o monumento cunha corda que sosterán todas as persoas que queiran participar. Os ciclistas Ezequiel Mosquera e Gustavo César Veloso sosterán os estremos do cabo, e ao longo do percorrido peonil polo monumento celebraranse actuacións musicais. A partir das 19:30 horas haberá magostos e ambientación musical en todas as portas do cercado.
Programa do XI Aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.No entanto, a proposta máis rechamante é a celebración dun acto popular no que se rodeará o monumento cunha corda que sosterán todas as persoas que queiran participar. Os ciclistas Ezequiel Mosquera e Gustavo César Veloso sosterán os estremos do cabo, e ao longo do percorrido peonil polo monumento celebraranse actuacións musicais. A partir das 19:30 horas haberá magostos e ambientación musical en todas as portas do cercado.