Os museos de Galicia únense para celebrar o seu día

O Día M

Hoxe celébrase en todo mundo o día Internacional dos Museos. Un evento que este ano se celebra baixo o lema "Museos: cultura y sociedad". Por este mesmo motivo, moitos dos museos de Galicia únense a esta celebración con conferencias, charlas e unha xornada de portas abertas.

En Vigo




O Museo Municipal "Quiñones de León" e o Museo Liste de Vigo celebran este día cunha xornada de actos doble. Pola mañá haberá unha xornada, de once a unha, na que participarán os centros escolares. Un evento que inclúe un percorrido polas salas e a celebración dunha serie de experiencias didácticas relacionadas co contido dos museos. Pola tarde, en horario de cinco a oito, tera lugar unha xornda de portas abertas guiadas por especialistas que percorrerán as diferentes seccións.













En Compostela e Ponteareas





En Compostela, o Centro Galego de Arte Contemporánea o Museo do Pobo Galego, xuntan as súas forzas para celebrar este día. E fano o día 18 con "Charlas con estudiantes" e o 19 con "Charlas con docentes" (no que amosan dous xeitos diferentes de entender a cultura). O CGAC ten previsto realizar ademais, dúas mostras tituladas "Pon os ollos no CGAC", de 11 a 19, e "Construíndo historias" con Quico Cadaval, Roger Colom e Jose Campanari de 11:30 a 13:30. Ademais, outro dos museos compostelanos, o das peregrinacións festexa este día, dentro dos actos conmemorativos do seu 50 aniversario, coa presentación da edición especial do disco ¡Santiago! Música e Pregrinación na Europa do renacemento co grupo musical Resonet.
Pola súa banda, o Museo Municipal de Ponteareas súmase á cleebración cunnha xorndas de portas abertas, onde se poderá contemplar algunhas das últimas adquisicións deste centro.











Unha celebración con 24 anos



En 1977 o Consello Internacional dos Museos (ICOM), dependente da Unesco, decidíu instaurar un día para incidir na importancia social que teñen os centros museísticos. Deste xeito preténdese recordar a memoria histórica colectiva manifestada a través das coleccións de fondos que atesouran. Este ano, baixo o lema "Museos: sociedade e cultura", preténdese destacar a importancia do papel social do museo e facer referencia á definición do museo como institución permanente ó servicio da sociedade e do seu desenvolvemento.