A muralla romana está moi presente na vida social e cultural da cidade de Lugo. Pero neste ano 2010 o seu protagonismo será aínda maior. O concello de Lugo quere conmemorar o décimo aniversario da declaración de Patrimonio da Humanidade cun programa especial deu a coñecer hoxe e que inclúe actividades moi variopintas. Entre eles, destaca un encontro de cidades con patrimonio mundial romano, o I Concurso Nacional de Curtas e Maquetas Lugo 10, ou un encontro internacional de bloguers e redes sociais en relación coa Muralla. Ademais, a produtora de Ágora, o filme de Alejandro Amenábar exporá en Lugo os seus traxes, Cocacola fará unha botella especial que distribuirá en toda as canles de venda, haberá viño etiquetado como Lugo 10 e crearase un concurso de tapas e pinchos. O alcalde de Lugo, López Orozco, deu a coñecer hoxe a programación na que solicitou o apoio da cidadanía.