Turistas de paxaros

O web de Turgalicia achega múltiplos recursos para observar aves no país

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
As dez mellores áreas para observar aves, segundo Turgalicia

As dez mellores áreas para observar aves, segundo Turgalicia

Aínda que semelle unha afección minoritaria, a afección observar aves move moita xente en todo o Estado e é un hobby aínda máis estendido a nivel europeo. Galicia, coa súa variedade xeográfica e a súa situación entre dúas rexións bioxeográficas -a eurosiberiana e a mediterránea- achega oportunidades de grande interese para os seguidores da ornitoloxía, especialmente á ahora de observar aves mariñas. Desde hai uns meses o web de Turgalicia falicítalle os traballo aos interesados, achegando unha nutrida información sobre este mundo.

Os mellores lugares para observar aves, as especies que se poden ver en cada contorno e mesmo unha completa guía en pdf cos nomes das mesmas en diferentes idiomas, son algunhas das propostas que se achegan. Canda a isto, hai detalladas propostas de roteiros por áreas seleccionadas para que non quede ningunha variedade por observar.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turgalicia, Guía

Claves

Entidades
Conceptos