Os biólogos alertan do mal estado de diferentes aves do país no seu día mundial

O mal das aves

8/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O domingo 7 celébrase o Día Mundial das Aves Silvestres, un feito que non quixeron desaproveitar os membros do colexio oficial de biólogos de Galicia (COBGA) para denunciar o estado de abandono destas especies. Segundo explicaron, o corvo mariño cristado, o sisón, o alcaraván ou a avefría so algunhas das especies con hábitats no noso país que están en perigo de desaparecer. Ademais, manifestaron a súa “perplexidade”porque o goberno aínda non aumentara as zonas de protección de aves, tal e como figura nun fallo do Tribunal Superior de Xustiza da UE.

Máis información en Galicia Hoxe, e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Culturagalega

Claves