Medio millón de aves no roteiro do Oeste e o Sur

A Xunta afirma que o "mellor destino europeo para observar o paso das aves migratorias" é a Estaca de Bares

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Estación ornitolóxica de Bares. Foto: Xunta de Galicia

Estación ornitolóxica de Bares. Foto: Xunta de Galicia

Medio millón de aves pasan fronte á Estaca de Bares en dirección ao Oeste, embocando as áreas cálidas do sur do continente e África desde o norte de Europa durante os meses de agosto e novembro. "A cifra total", afirma a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural, "incluíndo os días non censados e as horas da noite é con seguridade máis alta". Para a Xunta de Galicia, estes datos converten á Estaca de Bares no "mellor destino europeo para observar o paso das aves migratorias". Entre as especies destacadas atópase o negrón común, que é un pato mariño orixinario do Ártico, a pardela cincenta, que visita Galicia dende as súas colonias en Azores e Madeira ou a pardela balear, especie criticamente ameazada a nivel global.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Turistas de paxaros

Turistas de paxaros

O web de Turgalicia achega múltiplos recursos para observar aves no país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Natureza, Xunta de Galicia, Medio Rural, África...

Claves

Conceptos
Lugares