Varias das aves afectados polo fuel que se liberaron o pasado venres ingresaron de novo en centros de recuperación

Liberados de ida e volta

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O pasado venres liberábanse en Bares corenta e dúas aves afectadas polo último vertido de fuel despois de teren pasado polos centros de recuperación do país. Sen embargo, entre ese mesmo día e o seguinte, dezasete destes aves xa foran recollidas de novo por diferentes grupos ecoloxistas ao atoparse en mal estado e ser en varios casos incapaces de voar. Varios colectivos de defensa do medio denunciaron que a solta se realizou de xeito precipitado e sen estaren os animais completamente recuperados. Desde a Xunta apuntouse que as aves non tiveran aínda tempo de adaptarse ao medio natural desde a solta.

Máis información en Vieiros e en Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros

Claves

Entidades