Aparecen restos de fuel e aves afectadas por vertidos en varias praias do país

Chapapote primaveral

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Se durante a fin de semana varias praias situadas entre A Guarda e Corrubedo apareceron con restos de Fuel, no día de hoxe tamén praias coma as de Carnota están afectadas por este tipo contaminación. Manchas que oscilan entre as galletas e placas dun metro e medio de longo están a chegar á costa sen que polo de agora quede clara a súa orixe. Colectivos ecoloxistas sinalaron que esta é a maior contaminación das nosas costas desde a catástrofe do Prestige. Ademais, contabilizáronse arredor de duascentas aves con restos de fuel.

Máis información en Vieiros e nas edicións de hoxe de Diario de Pontevedra e de Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Chapapote, Prestige, Faro de Vigo...