O sector escénico unifica posturas para buscar unha solución ante a crise

Despois dunha primeira xuntanza en Vigo, celebrarán dúas máis

“É o momento de tomar a palabra”. Este é o eslogan que move ás xuntanzas da Rede de Teatros Alternativos que pretenden buscar solución á situación que afecta a este tipo de recintos en particular e á cultura escénica en xeral. A primeira das xuntanzas tivo lugar este luns e celebrouse simultáneamente nas 13 comunidades con membros na rede. En Galicia a celebración tivo lugar no Teatro Ensalle de Vigo e foi das máis numerosas do Estado. Alí acordaron solicitar que a Agadic sexa puntual no pagamento e que evite máis recortes neste sector.