Créase en Manzaneda unha asociación para promover todos os oficios artesanais

Oficios reunidos

Nace en Manzaneda o centro de iniciativas “Debadoira”. Un centro formado por movementos asociacionistas (de calquera tipo) que pretende promover todos os oficios artesanais. O primeiro encontro celebrarase este domingo e dedícase ó mundo do téxtil, reunindo as “tecedeiras”. É o primeiro encontro pero teñen previsto continuar con outros profesionais artesáns, “ferradores”, “afiadores” ou “colleiteiros”.