O Museo do Mar ábrese a comercializar artesanía

A tenda inclúe material de diferentes oficios e das catro provincias

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Fonte: Museo do Mar

Fonte: Museo do Mar

A unión entre os oficios tradicionais do mar e os produtos artesáns foi unha relación que motivou a apertura da Tenda de Artesanía de Galicia nas instalación do Museo do Mar. Trátase dun proxecto impulsado pola Consellaría de Economía e Industria para difundir os produtos de oficios tradicionais galegos en lugares turísticos ou con afluencia de visitantes. O novo espazo comercial manterá o horario do museo e inclúe produtos relativos a diferentes artesáns (cestaría, olaría, téxil…) das catro provincias. A apertura chega na mesma semana na que o Museo do Mar anunciou a colaboración co Marisquiño, festival de cultura urbana, pola que se instalará un graffiti mural de carácter permanente.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía

Claves

Conceptos