Todo preparado para a duodécima edición d’O Marisquiño en Vigo

Un graffiti feito para a ocasión estará no Museo do Mar de xeito permanente

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Todo preparado para a duodécima edición d’O Marisquiño en Vigo

O Museo do Mar de Vigo establece este ano unha especial relación co festival de cultura urbana O Marisquiño, que chega a súa décima segunda edición. Unha festa celebrada onte nese espazo cultural serviu como apertura deste evento que tomará as rúas de Vigo entre os días 10 e 12 cun impresionante programa adicado, como sempre, ás manifestacións artísticas e deportivas da cultura urbana. Breakdance, hip hop e graffiti xunto a deportes como parkour, BMX, e patinaxe en táboa exhibirán toda a súa forza unha vez máis no verán vigués atraendo xente do contexto internacional destas disciplinas urbanas. Ademais nesta edición, que estivo en risco de non celebrarse nalgún intre pola crise, o graffiti acada un lugar permanente na cidade xa que un artista vigués – Antony- creou un mural de 18 metros de longo e 2,20 metros de alto que permanecerá permanentemente recibindo aos visitantes do Museo do Mar.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo

Claves

Lugares