¿Que ten que ver o marisco coa cultura urbana? Posiblemente nada, pero Vigo acolle desde hai nove anos baixo o nome de O marisquiño a un festival que une música (este ano está a Mala RodrÃguez), arte (o grafiteiro vigués Nano 4814 axitará os seus esprais nun mural de 25 metros) e diferentes deportes urbanos: skate, breakdance, descensos en bicicleta de montaña pola cidade... O encontro terá lugar esta fin de semana (8 e 9 de agosto) en Vigo aÃnda que tamén se poderá seguir pola rede. Ademais, a organización ofrecerá información en tempo real para os visitantes vÃa Bluetooth, ademáis dos códigos BIDI (códigos bidimensionais para usuarios da rede 3G).