Consolidar a marca ArtesanÃa de Galicia, favorecer a innovación no sector e conseguir unha maior competitividade. Estes son os tres grandes eixes do Plan de ArtesanÃa de Galicia que presentaba onte a Xunta de Galicia e que prevé investir 5 millóns de euros neste ámbito ata 2016. Dentro das medidas previstas neste programa está conseguir a creación de cen novas empresas e incrementar nun 50% os puntos de venda oficiais da marca. Ademais, abordarase a regulación de novos oficios artesanais e tomaranse medidas para recuperación de oficios en extinción, ademais de se crear a figura honorÃfica de Maestro Artesán.
De cara á visibilidade deste traballo, o Plan pretende difundir as feiras artesanais galegas e asesorar os profesionais para facilitar a apertura dos seus obradoiros ao público. A Xunta prevé asimesmo promover accións formativas e propostas a prol da innovación e do traballo intedisciplinar entre artesáns, provendo asimesmo as conexións entre empresas do sector e mais do turismo.