Bergantiños abre un centro de documentación para artesáns

Documentando as mans

Os tempos mudan, os artesáns desaparecen, o saber pérdese. Tentando evitar todo isto, vense de poñer en marcha en Bergantiños o Centro de Documentación O Alfar, que contén información sobre os máis diversos oficios e materiais. Pero non é esta a única noticia sobre artesanía que vemos estes días. En Buño a XVIII Mostra de Olería continúa ata o vindeiro domingo, e desde onte mesmo, Monforte acolle a a VI Edición de Artelemos.

Aprender nos libros



O Centro Comarcal de Bergantiños acolle desde o pasado sábado o Centro de Documentación O Alfar, un arquivo especializado en artesanía que conta polo momento con cen títulos. A documentación existente abrangue temas tan variados coma a química dos materiais, métodos de traballo da cerámica, técnias de impesións, fornos, deseño ou materias primas e inclúe viedos e revistas de todo o mundo sobre a artesanía. O Alfar nace a raíz do convenio asinado entre a Sociedade de Desenvolvemento Comarcal de Galicia e a Consellería de Industria o pasado abril. Para coecer exactamente as necesidades do colectivo de artesáns, desde o Centro Comarcal de Bergantiños realizouse un estudio bibliográfico e estrevistáronse diferentes artesáns. O Alfar estará aberto a todoso artesáns interesados, e pretenden convertirse nun lugar de investigación e encontro desde colectivo.












Olería


No mesmo Centro Comarcal de Bergantiños atópase unha mostra permanente sobre a olería de Buño, e estas son unha datas axeitadas para visitalo coincidindo coa XVIII Mostra da Olería, que rematará o vindeiro domingo. A mostra de Buño, que está en marcha desde o pasado ´dia catro, inclúe ademais dunha completa exposición e de postos de venda, actividades paralelas coma obradoiros de cerámica para os máis pequenos, mostras de traballo no torno ou a III Cocedura Tradicioanal en forno forte. Ademais, desenvólvense visitas guiadas pola zona,, actuacións folclóricas e campionatos de chave, tiro ó prato e fútbol Como peche, na tarde do domingo desenvolverase o IV Festival "Ruada" de Bergantiños, e ás nove da noite celebrarase un sorteo de pezas de cerámica.








Os oficios en Monforte

A VI edición da mostra Artelemos abriu onte na rúa do Cardeal de Monforte, achegando ós asistentes unha ampla variedade de productos feitos a mans e ensinando como traballan algúns artesáns. Así puideron verse demonstracións sobre o tratamento de tecidos ou a realización de figuras con cerámica ou participar no obradoiro de cestería. Entre outras curiosidades, pode verse un posto dedicado á recuperación de bonecas rústicas. Ademais das técnicas máis tradicionais, a mostra abranque traballos feitos a man por artesáns de toda a xeografía española, e van desde a reproducción en cerámica de construccións tradicionais á introducción de miniaturas en botellas. A mostra, organizada pola Fundación Comarcal Terras de Lemos, a Asociación de Artesáns e o Concello de Monforte poderá verse ata o vindeiro