Mónica Guillán e María Viqueira son as gañadoras da Galicia Fashion Week

Cos desfiles no Hostal do Reis Católicos conclúe unha semana de promoción de novos talentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Era a grande pasarela pensada para os novos talentos da moda galega. As 22 apostas que desfilaron polas pasarelas instaladas no Hostal dos Reis Católicos esta fin de semana non o fixeron todas no mesmo espazo. Oito deseñadores fixéronno na chamada Zona Cero pensada para alumnos de escolas de deseño e creadores autodidactas que presentaba un estilismo; mentres que outros 14 creadores emerxentes achegaron as súas propostas (en catro estilismos cada un) na Zona E. Cada unha delas tiña un premio, e Mónica Guillán fíxose coa previsa para os emerxentes, que lle permitirá estar nun stand do Espazo Ego da Semana Internacional da Moda de Madrid. O outro premio, o da Zona Cero e consistente nunha sesión fotográfica cunha modelo profesional, foi para María Viqueira. A Galicia Fashion Week desenvolveuse por primeira vez en Santiago e está organizada por José Matteos.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reis Católicos, Reis, Moda, Escolas...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares