Tania Martínez gaña na Galicia Fashion Week coa colección Oniric

O premio implica contar cun espazo en Ego, na Semana da Moda

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:

A mellor deseñadora emerxente desta edición da pasarela Galicia Fashion Week foi tania Martínez. Formada na escola Mestre Mateo de Santiago presentou unha colección titulada Oniric. Canda ela, a outra premiada foi Estefanía Carrera, formada na escola Pin Factory, no marco do espazo Zona Zero, dirixido aos alumnos de escolas de deseño e creadores autodidacta para facilitar o mundo da moda. O seu premio consiste en participar na Semana da Moda de Madrid cun stand no espazo Ego. A coruñesa Kelly Briones e o vigués Damián Carballás foron elexidos como mellores modelos.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Escolas, Madrid, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)