A Galicia Fashion Week desprega desde hoxe en Santiago o talento creativo

Desfiles, exposicións e un encontro de bloggers centran a programación

| Santiago. Redacción | Seccións: ModaExposicións
Compartir:
A Galicia Fashion Week desprega desde hoxe en Santiago o talento creativo

As actividades paralelas da Galicia Fashion week (GFW) arrincaron hai varias semanas, con desfiles na Quintana así como un showroom do traballo que están a facer as escolas de deseño. Con todo, hoxe comeza en Santiago o núcleo central da GFW que pretende dar conta das máis innovadoras propostas do máis actual do deseño de moda. O núcleo central desta edición terá lugar na fin de semana cando se celebre a pasarela GFW na que seis creadores (Katuxa Platero, Cabuxa, Livob, Perdona Bonita, Ana Paradelo, Eva Outeiral e Matteos) exhibirán as súas propostas de moda e de xoiaría. Canda eles hai espazo tanto para os emerxentes (zona E), é dicir, aqueles que xa teñen unha colección e que poden presentar catro estilismos. Para os estudantes, a Zona Zero é seu sitio, dándolles a oportunidade de presentar unha proposta que sintetice a súa creatividade.

Nesta ocasión, o programa de actividades da VII edición do encontro inclúe abondosas exposicións en diferentes puntos da cidade. Desde Área Central (a mostra “Andante” que ofrece pezas inspiradas na horma dun zapato) , o parador dos Reis Católicos (cunha mostra do traxe de Juanjo Olivas) ou o Dado dadá (cunha creativa mostra fotográfica “The fashion view”).

O programa paralelo inclúe dúas actuación musical, unha a cardo do Dj Pablo Arnejo (14 de xulo, ás 18:30) e outra a presentación do novo traballo da cantante e actriz Alba Mesa (15 de xullo ás 18:30).

Esta edición do certame reserva un espazo para o fenómeno blogger, moi relevante para este sector. De feito, a fin de semana tamén haberá un espazo para a GFW Blogger Meeting (Praza da Quintana).

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Exposicións, Escolas, Reis Católicos...

Claves

Protagonistas
Entidades