Comeza en Santiago a Galicia Fashion Week, a pasarela da moda

A cita exhibirá creacións de roupa e xoias dos novos valores da creación galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:

Se xuntamos deseño, moda, xoias e o Ano Santo o resultado é a Galicia Fashion Week, a pasarela que arrinca hoxe en Santiago. Nada na Coruña, o encontro chega á capital de Galicia para prorrogarase ata o xoves 27 e exhibir as coleccións que vestiremos o próximo outono-inverno 2011. Vidrio, Olga Santoni, Neount, Model Novias, Presagio, Dod&Co, Mercedes Alonso, Monsardi, Oljit´as Design e Patry Godoy son as firmas que exhibirán as súas creacions nun desfile que presentará a poeta Antía Otero e que retransmitirá esta tarde a TVG (20:30 horas). Mañá chega a cita dos deseñadores presentes en mercados internacionais (de Jose Matteos, a Perdona Bonita ou Divina de la Muerte), mentres que o xoves, será o momento para apreciar os novos valores que se están a formar nas escolas de deseño que hai no país.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Antía Otero, Escolas, TVG...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares