Comezou sendo un desfile nunha zona peonil da Coruña, de aà deu o salto a un escenario pechado (O MACUF abriulle as portas) e agora redefiniu o seu nome para pasar a ser a Galicia Fashion Week. Sen embargo, segue fiel ao seu estilo: servir de escaparate da dos creadores que se están formando en Galicia e daqueles que están en fase de lanzamento. Máis dun centenar de creadores emerxentes exhibiron esta fin de semana as súas propostas innovadoras nas formas, nos tecidos, e na presentación dos seus estilismos. Ademais, o evento creado por José Matteos conta agora co apoio de Inditex, que outorgou o premio á mellor colección independente e de vangarda, na que o gañador estampará os seus deseños nunha liña de bolsas de compra reutilizables da cadea Bershka.