Un galardón premia deseños de moda feitos con materiais reciclados

Desfilaron no marco da pasarela Texvigo é Moda, que tamén recoñeceu o traballo dos creadores

Un centenar de estilismos a cargo dunha vintena de novos deseñadores desfilaron onte pola pasarela de novos creadores Texvigo é Moda. Unha cita opola que as prinicipais escolas de formación da cidade en deseño téxtil (Goyamar, a Escola Audiovisual de Bouzas e o Instituto de Ensino Secundario de Teis) ofreceron a posibilidade de ver os traballos dos seus alumnos. Neste desfile foron galardoados Adriana Baccaro, Marta Fontao, e Laura González, a mellor estilismo. Canda eles, tivo lugar o concurso PTL Recicla, que premia deseños feitos con cartón, latas de conservas ou outros materiais. Os gañadores foron Rita Casás (mellor deseño de vangarda), Jessica Costas (primeiro premio mellor deseño de vangarda), e Lorena Villaba como mellor escaparate. Amaya Fernández e Irene Lameiro foron galardoadas na categoría de mellor complemento.