Os máis recentes creadores de moda danse cita na final dos Premios Tesoira e mais na Pasarela de Deseñadores Novos de Vigo

Novas tesoiras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Xa se coñecen os finalistas dos premios Tesoira para novos deseñadores. O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, presentaba onte as dez promesas do deseño de moda que foron seleccionadas de entre cincuenta e catro propostas e que presentarán as súas creacións o vindeiro día dez no teatro do Centro Cultural Caixanova, en Vigo. Será durante este acto cando se dea a coñecer o nome dos tres gañadores da edición deste ano do certame. Os interesados nos novos creadores do téxtil poden ver esta mesma noite o traballo trinta deles, galegos e foráneos, na Pasarela de Novos Deseñadores que se celebra no marco de Vigoferia e que patrocina Caixanova. Os deseños poderán verse ata o vindeiro día seis na entrada do recinto feiral.

Máis información en Faro de Vigo e no web de Vigoferia

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Teatro, Xuventude, Faro de Vigo...