O convento de Santo Antonio de Herbón acadará o recoñecemento de Ben de Interese Cultural

O Consello da Xunta aprobou hoxe a incoación do expediente favorable

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Consellería de Cultura e Turismo informou ao Consello da Xunta da resolución que determina para o convento e o seu contorno a aplicación inmediata e provisional do máximo réxime de protección previsto na Lei de patrimonio cultural como Ben de Interese Cultural. O convento franciscano está situado na parroquia de Santa María de Herbón (Padrón) na denominada Agra de Longara ao carón do río Ulla, bordeado por un amplo conxunto de ladeiras empinadas cara o leste e oeste. A orixe desta comunidade relixiosa está relacionada co movemento eremítico dos oratorios franciscanos xurdido na provincia de Santiago a finais do século XIV. A resolución, que será publicada nos próximos días no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, será comunicada ao Ministerio de Cultura para a súa anotación preventiva no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural e notificada ao Concello de Padrón.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Padrón, Lei de Patrimonio, Bens de Interese Cultural...