Presentan un proxecto de escrita interactiva sobre o 15-M

Axóuxere Editora e a Universidade Invisíbel lanzan Zoopolitik

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Zoopolitik, Reinvención democrática & política de movemento é o título do proxecto que acaban de presentar Axóuxere Editora en colaboración coa Universidade Invisíbel. A iniciativa pretende crear, de xeito aberto e colaborativo, un libro que reflexione sobre o movemento 15-M e as transformacións sociais que se están a dar no mundo. O proxecto arrinca con textos dos antropólogos Antón Fernández de Rota e Carlos Diz, o sociólogo Martín Cebreiro e o filósofo e blogger Rosendo González, e permite o debate e a achega por parte dos lectores.

Os coordinadores da iniciativa sinalan que con Zoopolitik arrinca unha colección de ensaio centrada no pensamento e no activismo contemporáneo que leva o título de [expect us].

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cebreiro, Ensaio

Claves

Conceptos
Lugares