Allariz acolle unhas xornadas sobre Manuel Romasanta

Analizarase o caso do lobishome ourensán desde diferentes puntos de vista

26/10/2011 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: historialiteratura
8 lecturas | Compartido 0 veces

Cartel das Xornadas Manuel Blanco Romasanta

A Fundación Vicente Risco celebra, entre o 29 e o 31 de outubro, as Xornadas Manuel Blanco Romasanta en Allariz. Esta cita pretende analizar desde distintos puntos de vista o caso do célebre asasino. Investigadores como Luís García Mañá, Antonio Roma ou Roberto Bustillo entre outros, debaterán a pegada popular, a perspectiva xurídica ou os feitos históricos desta historia. Canda a isto, realizarase a proxección do filme El bosque del lobo, coa presenza do seu director, Pedro Olea, e farase unha recreación do xuízo a Romasanta. A figura do asasino, supostamente afectado de licantropia fora xa obxecto do discurso de Vicente Risco no seu ingreso na Real Academia.

Universo culturagalega.gal