O proxecto para a área do Parrote obtén o visto bo de Patrimonio

Cultura considera que permitirá a restauración e posta en valor das estruturas defensivas aparecidas na zona

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Logo de anos de demora, o proxecto de urbanización para a área do Parrote, onda a Dársena da Mariña da Coruña, semella que quedará finalmente desbloqueado. A Dirección Xeral de Patrimonio da Consellaría de Cultura anunciaba esta mañá que informou favorablemente sobre o estudo de detalle que lle remitiu o concello coruñés. O novo proxecto inclúe na urbanización da zona a exhibición dos restos de estruturas defensivas que apareceran na zona, o que permitirá a súa restauración e posta en valor.

Canda a isto, está prevista a construción dun aparcamento xa fóra da área protexida, unha área de uso común e a creación dunha área edificable de 1.103 m2, que queda tamén fóra da zona de interese arqueolóxico.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio, Arqueoloxía

Claves

Conceptos