A importancia dos restos arqueolóxicos aparecidos na parcela UI-7, situada ao carón da Muralla de Lugo entre as rúas Carril dos Fornos, Rinconada do Miño e Rúa do Moucho levou ás consellarÃas de Vivenda e de Cultura a asinar un acordo para desenvolver os traballos de posta en valor destes depósitos. Deste xeito, ampliaranse as escavacións na área e redactarase un estudo para o tratamento, conservación e difusión dos restos. Segundo informa o web da Xunta, na zona acháronse, entre outros elementos, restos de dúas portas, dun paseo interior e de habitáculos datados entre os séculos I e II despois da nosa era. Máis tardÃos, de cara aos séculos IV e V, son os achados dunha rampa de acceso a muralla e mais de restos de actividades metalúrxicas.