Unha domus e mais un obradoiro de cerámicas da época romana son os achados que se suman ao xa estenso patrimonio que posúe deste perÃodo a cidade de Lugo. Os novos restos apareceron nunha escavación que se está a facer ao carón da muralla, nun terreo que ata hai pouco tempo se dedicaba á agricultura. Ao tempo, en Vigo apareceu no depósito da rúa RosalÃa de Castro un murete a máis de catro metros de profundidade pendente aÃnda de datación. O achado obrigará a paralizar unha vez máis as obras do edificio que se constrúe nese predio. Precisamente de pór en valor restos urbanos trata a proposta que un promotor inmobiliario lle fixo ao Concello da Coruña e mais á Xunta. A súa iniciativa pretende crear un paseo ao longo dos restos da muralla herculina sinaliznado con paneis informativos sobre a construción.