A proxectada demolición e reurbanización do coñecido Barrio do Cura en Vigo, terá que agardar. O que está considerado un dos maiores proxectos urbanÃsticos da cidade, con 300 vivendas previstas, queda en suspenso logo de que a comisión territorial de Patrimonio de Pontevedra establecese que cómpre un plan especial para esta zona. A decisión deste organismo considera a zona como parte do casco histórico da Cidade OlÃvica, que está declarado Ben de Interse Cultural. Desde o Concello anuncian que tentarán desbloquear o proxecto de urbanización, que afecta a unha zona que está amplamente degrada.