Patrimonio esixe a modificación do proxecto da muralla do Parrote

O informe final solicita que se manteña o ben descuberto e accesible

23/12/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
14 lecturas | Compartido 0 veces

Logo de dous anos de demora, o proxecto dun aparcadoiro e edificios na zona do Parrote, A Coruña, deberá redeseñarse. A dirección xeral de Patrimonio facía público onte un informe segundo o cal non se poderán construír as terrazas para locais hostaleiros previstos e haberá que modificar a proposta para o aparcadoiro. Patrimonio esixe unha zona de protección de tres metros arredor da muralla que apareceu cando se facían as obras e que a mesma deberá ficar descuberta e accesible ao público.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio, A Coruña

Claves

Lugares