Galicia é a segunda comunidade do Estado con menos interese polos touros

Só un 0,8% dos galegos asistiron a estes espectáculos no último bienio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

As corridas de touros non triunfan en Galicia. O noso país é a segunda comunidade, logo de Canarias, na que unha menor porcentaxe da poboación asiste a este espectáculo, un 0,8% dos habitantes. Ademais, debemos ter en conta que nas Canarias está prohibido este tipo de eventos, o que nos sitúa como os últimos que asisten en tendo acceso aos mesmos. O interese dos galegos mesmo diminuíu fronte ao bienio 2006-2007, cando un 2,2% da poboación asistía a estes eventos, segundo os datos do Ministerio de Cultura que fai públicos o Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura. A tendencia contrasta cunha oferta que se mantén ou medra nos últimos anos, como é o caso das corridas programadas nas festas da Peregrina de Pontevedra e as de María Pita na Coruña.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Museos costa abaixo

Museos costa abaixo

Menos visitas, un investimento que non medra e interese escaso da poboación marcan o panorama destes centros en Galicia

Como na casa en ningún sitio

O Anuario de Estatísticas Culturais 2009 amosa unha caída do turismo cultural e dos espectáculos en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Canarias, Observatorio da Cultura Galega, Ministerio de Cultura...