Como na casa en ningún sitio

O Anuario de Estatísticas Culturais 2009 amosa unha caída do turismo cultural e dos espectáculos en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Nos últimos dous anos, os galegos visitamos menos museos e monumentos. Así o indica o Anuario de Estatísticas Culturais 2009 do Ministerio de Cultura, no que se pode apreciar como entre o 2002-2003 e o 2006-2007 se rexistra unha caída dun 12% na afluencia de visitantes a museos (dun 30% a un 25,9% da poboación galega) e dun 11% na visita a monumentos no mesmo período que o anterior (dun 35,1 a un 31,6). O mesmo acontece en espectáculos. Segundo o Anuario, a xa minoritaria asistencia a un espectáculo de artes escéncias (un 18,4% da poboación en 2002-2003) agrávase, obténdose neste último bienio analizado unha misérrima cota do 11'9% da poboación. E coa música, igual. Só a escoita de música ascende lixeiramente (máis do 86% dos galegos afirman escoitala) pero a asitencia a concertos, tanto de clásica como de actual, descende lixeiramente.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Museos, Turismo, Ministerio de Cultura