Os galegos gastan pouco en cultura segundo o anuario da Sociedade Xeral de Autores e Editores

Pouco pago para a cultura

18/8/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Unha media de cincuenta céntimos é o que gasta un galego ao ano en ir ao teatro, mentres que só visita o cine algo mais de dúas veces nos mesmo período. Estes datos forman parte do “Anuario 2003 de las Artes Escéncias, Musicais y Audiovisuais” que publica a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE). Este mesmo estudio sinala que a asistencia a espectáculos de danza se reduciu á metade durante desde 1999, e que unhas cincuenta e nove mil persoas menos asistiron a espectáculos de teatro afeccionado no noso país. Por outra banda, Galicia mantense coma unha das comunidades cun menor consumo televisivo en todo o estado, cunha media de 191 minutos.

Máis información no Web do anuario

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Teatro, SGAE, Danza...