O folk volve ser o xénero máis programado en Galicia despois do baixón do 2004

O Folk está de volta

28/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Os datos do último anuario da SGAE, que analiza a actividade cultural do 2005, recolle a recuperación do folk no noso país. Segundo estes datos, música tradicional recupérase do baixón acontecido no 2004 (cuxos datos se recolleron no anterior anuario) e encabeza cun 19’2% a porcentaxe da música que programa no país. Séguelle o jazz cun 12.7% e, de lonxe, o pop-rock (31.5%) que é o xénero estrela no resto do Estado. Ademais, o anuario da SGAE revela outro dato máis, que o macroconcerto folk por excelencia, o Festival de Ortigueira, é o evento con maior afluencia en todo o Estado.

Máis información na edición de hoxe de La Voz de Galicia e no web da SGAE

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, SGAE, Xénero, Pop...