O Centro Andaluz de Teatro e Agadic coproducen unha obra de Valle Inclán

A montaxe, que se estrea hoxe en Sevilla, chegará a Santiago en decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Imaxe da montaxe. Autor: Julio Vergne.

Imaxe da montaxe. Autor: Julio Vergne.

O Teatro Central de Sevilla acolle hoxe a estrea de A noite de Max Estrella, unha obra de Ramón María do Valle Inclán. A obra é unha aposta do Centro Andaluz de Teatro co que celebra o 75 aniversario da morte do dramaturgo galego. Sen embargo, esta montaxe ten unha peculiaridade, xa que se trata dunha coprodución entre a entidade andaluza e a Axencia Galega das Industrias CUlturais para enriqueces a producións intercambiando profesionais entre eses territorios. Por mor deste acordo, os galegos Isaac Garabatos (encargado do espazo sonoro) e Pilar Millán (espazo visual) forman parte do equipo artístico. A obra chegará a principios de decembro ao Salón Teatro de Santiago e conta a vida dun Max Estrella (protagonizado por Carlos Álvarez-Nóvoa), un poeta cego e fracasado, que deambula na súa última noite por un Madrid absurdo, brillante e famento de principios de mil novecentos.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Valle Inclán, Sevilla, Carlos Álvarez...