Un personaxe no escenario e trinta voces para contar Luces de Bohemia pero desde o punto de vista do seu protagonista: Max Estrella. Por iso, o a obra que se poderá en Santiago (do 1 ao 4 e decembro no Salón Teatro) e Coruña (Teatro Rosalía, venres 9 de decembro) chámase A noite de Max Estrella. A montaxe está protagonizada en solitario por Carlos Álvarez-Nóvoa, coñecido actor teatral e audiovisual (Solas de Benito Zambrano) que coñece e contribuíu a preparar esta montaxe a partir da obra de Valle Inclán sobre a que fixo a súa tese de doutoramento. A obra é unha montaxe do Centro Andaluz de Teatro coa colaboración do Centro Dramático Galego.
Non hai ninguna palabra que non se diga na obra que non sexa de Luces de Bohemia puntualizou Carlos Álvarez-Nóvoa no marco da presentación desta montaxe que conta con dramaturxia e dirección de Francisco Ortuño. O proxecto correspóndelle ao CAT, pero nós achegamos unha epquena colaboración económica (24.000 euros) que se concretou nas 5 funcións en Galicia e na participación dos galegos Pilar Millán e de Isaac Garabatos , autores do espazo visual e sonoro respectivamente puntualizou Blanca Cendán, directora do CDG. Pola súa parte, o director de Agadic, Juan Carlos Fasero, destacou a pertinencia desta colaboración neste proxecto concreto xa que este ano se cumpren 75 anos do pasamento de Valle Inclán.
A montaxe chega a Galicia despois de xirar por toda Andalucía con gran éxito de público e de crítica.