A folga impide a emisión de sete programas da CRTVG

Os traballadores convocaron unha manifestación para o día 22 de outubro

O espectadores de Televisión de Galicia, nas súas dúas canles, apreciaron onte que a cadea pública ofreceu unha programación “diferente” do habitual. Por mor da folga dos traballadores do ente, que protestaban contra o establecido no texto pactado entre PSdG-PSOE e PPdG ao respecto da Lei de Medios Públicos Audiovisuais, onte non se emitiu A Revista, A Solaina, Foro Aberto, Galicia noticias, o Telexornal Noite e os informativos locais. No seu lugar ofrecéronse productos enlatados. O outro programa que non se puido emitir, xa no segundo canal, foi o informativo cultural Zig Zag. A folga tivo menos impacto na Radio Galega, onde só se suspenderon o Diario Cultural e o informativo local de Ourense. Os traballadores prepararon unha manifestación aberta para o vindeiro día 22 de outubro.

Ligazóns