Televisión de Galicia suprime os informativos locais

A reestructuración do seu modelo de informativos supón o peche de cinco delegacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Sen previo aviso, a dirección da TVG anunciou onte aos seus traballadores que desde o 1 de decembro deixaria de emitirse os informativos de proximidade, é dicir os noticieiros vencellados a cada delegación. Iso é o que notarán os telespectadores, pero a medida obedece a unha reestruturación do seu modelo de informativo que se traduce no peche de cinco delegacións (Pontevedra, que pasa a depender de Vigo; Ferrol cubrirase desde Coruña; mentres que desaparecen Burela, Oporto e Bruxelas). Manteranse as delegacións de Lugo, Ourense e Madrid, pero serán xestionadas a través da propia TVG e non de produtoras alleas (vencelladas a xornais) para adecuarse ao establecido na Ley Xeral de Comunicación Audiovisual que establece “non poderán ceder a terceiros a produción e edición dos programas informativos”.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Televisión de Galicia, Comunicación Audiovisual, Burela...