O que desencadea a acción é a morte accidental dun home, que fai que os fillos varóns se desputen a herencia e vaise acumular unha tensión que vai dar lugar a unha loita cainita que vai dar á morte e á desolación explica Quico Cadaval, responsable de dirixir Oeste solitario. Trátase da última montaxe de PT Excéntricas que volve poñer en escena o texto dun irlandés, Martin McDonagh logo do éxito de Un cránio furado. É un autor que fai historias que nos tocan moito porque teñen relación coa terra, son histoiras sociais onde o humor e a violencia camiñan da man e non insiste na analoxía Galicia-Irlanda, senón que se ambientan na modernidade puntualiza o director. Nesta ocasión, a montaxe non conta coa coprodución do Festival de Teatro de Carballo, e recupera a María Lado como actriz dramática, xunto con Víctor Mosquera, Evaristo Calvo e Marcos Correa. A obra está no Teatro Principal de Santiago ata mañá, 12 de outubro.
Montaxe: OESTE SOLITARIO
Compañía: Producións Teatráis Excéntricas
Xénero: adulto | teatro de actor
Duración: 100 minutos
Autoría: Martin McDonagh
Dirección: Quico Cadaval
Elenco: Evaristo Calvo,
Víctor Mosqueira,
Marcos Correa, María Lado