Non todos os cranios están furados

Producción Tetrais Excéntricas presenta unha comedia de terror sobre os defuntos

21/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: feira galega das artes escénicas 2010teatro
21 lecturas | Compartido 0 veces

É unha historia irlandesa, dun autor irlandés (Martin McDonagh), ambientada nese país pero que poderia ser, perfectamente, unha historia galega. Un enterrador ten que trasladar os restos da súa esposa aos sete anos da súa morte, ante a mirada expectante dos veciños. Precisamente porque eles pensan que o enterrador estivo implicado no seu falecemento. No medio, un policía local con ansias de progresar inicia unha particular investigación. Avelino González traduce (que non adapta) ao galego esta historia que conta coa colaboración de Dorotea Bárcena e de Santi Romay xunto co equipo de Producións Teatrais Excéntricas (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira), coa dirección de Quico Cadaval. A obra, é o resultado da coprodución de PTExcéntricas co Festival de Outono de Carballo.
Montaxe:Un cranio furado
Compañía: Producións Teatráis Excéntricas, S.L.

Autoría: Martin McDonagh
Dirección: Quico Cadaval
Tradución: Avelino González
Escenografía: Kukas Producións Artísticas, S.L.
Iluminación: Baltasar Patiño
Son: Piti Sanz
Música: Piti Sanz
Elenco: Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Santi Romay

Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 90'
Público preferente: Adulto

Universo culturagalega.gal

20/10/2011

Ao oeste dos cránios

PT Excéntricas recupera a Irlanda de McDonagh nunha obra sobre aborda o reparto dun herdo