Destrúen parte do sitio arqueolóxico de Taramancos

O poboado fora escavado de urxencia ao coincidir co trazado dunha nova estrada en Noia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, denunciou onte no seu perfil de Facebook a desaparición de parte dos sectores excavados no sitio arqueolóxico de Taramancos, incluíndo unha vivenda completa da Idade do Ferro, polo que se aprecia na fotografía publicada por Guerrero. Tratábase dunha escavación de urxencia debido á aparición de restos antigos no trazado do novo vial de Noia, e que paralizara as obras do vial. Os achados desvelaron a existencia dun poboado moi antigo, da Idade do Ferro, de tipoloxía totalmente inusual en Galicia, xa que non está fortificado, e parece estar vinculado a actividades de explotación do medio mariño. culturagalega.org solicitou información ao respecto á Consellería de Cultura, responsable da liberación da cautela administrativa sobre o sitio arqueolóxico, pero o departamento autonómico non contestou ata o momento.

En declaracións a La Voz de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicitou "prudencia" sobre os traballos e aseguran que as máquinas non rozaron a área de protección. Sen embargo, nas fotografías publicadas por este medio e polo alcalde de Noia, é evidente a destrución das estruturas mencionadas previamente.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Castrexos fóra dos castros

Castrexos fóra dos castros

O arqueólogo Ángel Concheiro identifica en Riós (Ourense) un excepcional sitio arqueolóxico da Idade do Ferro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Noia, Idade do Ferro, Fotografía, Facebook...