Autores, editores, libreiros e dinamizadores no campo da banda deseñada asinan unha "Carta aberta de protesta polos recortes no eido da BD galega". O texto, aberto a novas sinaturas na rede, denuncia que a Xunta non investiu os anunciados 600.000 euros no sector, a ausencia da convocatoria das bolsas de apoio á creación e a falta de apoio para xornadas como as de Ourense. Ademais, o sector sinala que este ano non se destinaron partidas para adquirir novas obras de banda deseñada para bibliotecas e que o Premio Castelao, que convoca a Deputación da Coruña, corre o risco de pasar a ser bienal.
É por isto que diferentes creadores e membros do sector asinan un texto sinalando que "negámonos a que o apoio institucional a unha das nosas disciplinas artÃsticas con máis potencial creativo actualmente desapareza sen que nin sequera a opinión pública sexa consciente". Nomes coma Miguel Porto, David RubÃn, Alberto Vázquez, Emma RÃos ou Melo, entre outros, xa amosaron a súa adhesión ao texto.
A pasada semana fora a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración a que publicara unha carta aberta denunciando a situación do sector.