O Premio Castelao de BD volta ser anual

O prazo para o certame da Deputación da Coruña está aberto ata o 4 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

A Deputación da Coruña convocou sorpresivamente este ano a novena xeira do Premio Castelao de Banda Deseñada. O Boletín Oficial da Provincia recollía o pasado 12 de febreiro a convocatoria do galardón, dotado con 6.500 euros e ao que se poden presentar obras rematadas cun mínimo de 48 páxinas. O prazo para concorrer remata o vindeiro 4 de abril. A entidade anunciara que o certame pasaba a ser bienal non chegou a convocar a edición de 2012, aínda que o pasado ano si se celebrou a correspondente xeira. A premura da convocatoria, e o feito de que os autores non contasen con poder presentar obras este ano pode dificultar a participación no certame.

Ao tempo, a Deputación convocou tamén o V Concurso de Viñetas para a igualdade por mor do Día da Muller. Ao certame poden presentarse autores e autoras de entre 12 e 18 anos con viñetas ou tiras, ata un máximo de seis traballos.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Deputación da Coruña, Premio Castelao de Banda Deseñada, Igualdade